Madrugada, o porto adormeceu, amor
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar
Veu o loito antes de vir o rumor
levouno a marea baixo a sombra
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
as redes baleiras, sen gaivotas
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón
quererán pechar cunhas moedas, quizais
os teus ollos abertos sobre o mar
quererán pechar cunhas moedas, quizais
os teus ollos abertos sobre o mar
Madrugada, o porto despertou, amor
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación
Non imos esquecer, nin perdoalo
Volverei, volverei
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar
non nos afundiremos nunca
que na túa memoria xa non hai volta atrás
non nos humillaredes NUNCA
non nos humillaredes NUNCA